domingo, 29 de outubro de 2017

VÉMONOS ASÍ DENTRO DE 10 ANOS!!

Aquí vos deixamos unhas fotos de como quedou o noso mural con todas as ilusións e soños que teñen os nenos e nenas de 6º curso para o futuro. Quedounos moi bonito! Desexamos que vos guste tanto como a nós. 







xoves, 26 de outubro de 2017

SAMAÍN

Achégase a semana do samaín, semana na que nos disfrazaremos de cousas terroríficas, na que gozaremos de doces típicos desta época e na que decoraremos cabazas de mil maneiras diferentes!! Deixámosvos aquí os enlaces a algunhas das cancións que escoitaremos ao longo destos días!!Agardamos que vos gusten!!






luns, 16 de outubro de 2017

O NOSO CONTO VIAXEIRO

Os nenos/as de 6º comezamos o curso con moitas ganas e puxémonos en marcha xa para dar o punto final a unha actividade comezada o curso pasado para festexar o Día do Libro, na que todo o cole elaboramos O NOSO CONTO VIAXEIRO.
Puxemos as nosas voces ao conto nunha actividade de expresión oral...e velaí vos vai o resultado. Agardamos atopar uns minutiños para poder contarlles o conto aos máis peques do cole pois seguro que lles encantará a nosa visita!!

  
Conto Viaxeiro16-17 from Departamento de orientación on Vimeo.