sábado, 25 de febreiro de 2023

AS PLANTAS

Bo día!

As nenas e nenos de 5º de Primaria elaboramos uns traballos sobre o tema das plantas. Para iso tivemos que distribuír os contidos por equipos, buscar información, facer murais e, finalmente, expoñer o aprendido diante dos compañeiros e compañeiras da nosa clase. A continuación amosámosvos un resumo das exposicións. Clicade nos enlaces para que poidades velos. Esperamos que vos guste!






 







venres, 3 de febreiro de 2023

VISITA AO HORTO DE CÁRITAS

O xoves día 2 de febreiro os nenos e nenas de 5º, aproveitando que estamos estudando o tema da "Vida sustentable", fixemos unha visita ao invernadoiro de Cáritas. 

Xosé foi o encargado de servirnos de guía. Explicounos en que consiste a agricultura ecolóxica, como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas.

Esta visita resultounos moi interesante e o seguinte paso será facer as nosas propias sementeiras para posteriormente ir plantar ao horto.