luns, 9 de decembro de 2019

VISITAMOS O HORTO DE CÁRITAS

O xoves pasado, as rapazas e rapaces de 6º curso visitamos o horto de Cáritas. Alí Vanessa e José explicáronnos que é un horto ecolóxico, ensináronnos o sistema de regadío que empregan, as diferentes plantas que teñen cultivadas neste momento, e ata nos deixaron transplantar verzas.

Agora que xa sabemos un pouquiño máis sobre agricultura ecolóxica tócanos esperar ao 2º trimestre para comezar a facer o noso propio horto. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.






mércores, 4 de decembro de 2019

MAPA POLÍTICO DE EUROPA

Para completar o tema traballado en ciencias sociais, aquí vos deixamos un xeito divertido para estudar os países de Europa.
Xogade, repasade e, sobre todo, APRENDEDE MOITO!!

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria construímos un FUTURO EN IGUALDADE.