luns, 24 de decembro de 2018

FELICITACIÓN DE NADAL

Os nenos e nenas de 5º de Primaria desexámosvos unhas FELICES FESTAS!!!!




GALLETAS DE NADAL!

O xoves 20, despois de recibir no cole a visita dos Reis Magos, os rapaces e rapazas de 5º elaboramos galletas de Nadal. Pasámolo moi ben e o resultado foi exquisito 😃



xoves, 20 de decembro de 2018

ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Neste trimestre o alumnado de 6º aprendemos moito sobre algunhas especies en perigo de extinción.
Recopilamos información nas nosas casas e puxémola en común no cole cos nosos grupos, para  facer uns estupendos traballos que despois expuxemos ao resto de compañeiros. 
Velaí vos vai un resumo...