domingo, 26 de decembro de 2021

UNHA FASCINANTE VIAXE POLA UNIÓN EUROPEA

Os nenos e nenas de 6º de EP estudamos a Unión Europea no primeiro trimestre e as nosas mestras propuxéronnos facer un traballo sobre un país que nos chamase a atención. Tivemos que buscar información acerca da gastronomía, monumentos, símbolos... e despois expoñelos na clase.  Estivemos un pouco nerviosos/as, xa que a moitos de nós cústanos falar en público, pero aprendemos un montón e de seguro que para a próxima sáenos moito mellor.

Aquí vos deixamos un vídeo e unhas fotos cunha pequena mostra das nosas exposicións.

Esperamos que vos guste.












mércores, 22 de decembro de 2021

VISITA AO BELÉN ARTESANAL DE PONTE CALDELAS

O martes 21 os nenos e nenas de 5º e 6º de EP achegámonos ata a rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas para ver o Belén artesanal. Quedamos abraiados, xa que está formado por moitas figuriñas e todas feitas a man. 

Animámosvos a que o vaiades visitar!





martes, 21 de decembro de 2021

OS REIS MAGOS CHEGARON AO CORDO BOULLOSA

Os Reis Magos de Oriente pasaron polas nosas aulas para saudarnos, desexarnos un bo Nadal e ademais... deixarnos uns agasallos!! E como non, xa os abrimos e xogamos con eles. 

Gustáronnos moito e pasámolo pipa👌👏😃             Moitas grazas!!

FELICES FESTAS PARA TODAS E TODOS!!






venres, 19 de novembro de 2021

EXPOSICIÓN CURINVENTOS

 Ola a todas e todos,

este ano o Proxecto Documental Integrado (PDI) leva por título " Curinventos e outros experimentos no Cordo". Ao longo do curso traballaremos, a nivel centro, algúns inventos que facilitan o traballo das persoas, avances médicos, novas tecnoloxías... Tamén estudaremos a vida dos seus inventores e inventoras, faremos exposicións, elaboraremos algunhas maquetas, etc

A primeira fase deste proxecto é a de motivación, e para iso as nosas mestras leváronnos e unha exposición de aparellos e máquinas, moitas delas antigas e que descoñeciamos. Resultou moi interesante observar como evolucionaron algunhas desas máquinas, como por exemplo o teléfono e outras practicamente xa non se utilizan, como os muíños de café ou as máquinas de escribir.

A continuación vos deixamos algunhas das fotografías que fixemos na exposición.

Un saúdo!













domingo, 7 de novembro de 2021

CANTIGAS

Ola a todas e todos,

As nenas e nenos de 6º B estivemos estudando, en Lingua Galega, as cantigas.

Sabedes o que son as cantigas? Pois son cancións que se cantaban nos pobos e que se van transmitindo de xeración en xeración.

Por desgraza cada vez escóitanse menos e sería unha pena que chegasen a desaparecer, xa que son verdadeiramente fermosas e dignas de recordar.

A nosa mestra propúxonos que preguntáramos aos nosos maiores, que saben unha chea delas, para aprender unha e recitala ou cantala diante dos nosos compañeiros e compañeiras.

Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra das nosas cantigas. 

Esperamos que vos guste.

Un saúdo.


venres, 5 de novembro de 2021

mércores, 16 de xuño de 2021

Ecosistemas Among Us



En 5º B aproveitamos que en Ciencias da Natureza traballamos os ecosistemas para que cada alumn@ elaborase o seu propio ecosistema coas personaxes de Among Us. A verdade é que hai moita creatividade nesta clase!

Esperamos que vos gusten!








 

mércores, 26 de maio de 2021

SALÓN DO LIBRO - COIDAMOS O NOSO PLANETA

 

En 5º e 6º curso participamos no Salón do Libro de Pontevedra cunha proposta de coidado do noso planeta. Nesta edición, a consigna foi EMERXENCIA LITERARIA ! Os libros que salvan o planeta; polo que nos centramos en pequenos xestos que podemos facer día a día para coidar do noso planeta.

Para a proposta, fixemos tamén unha noticia sobre o noso traballo.



Para poder ver o vídeo, podedes consultalo na seguinte ligazón.