mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

O alumnado de 5º e 6º elaboramos este videoclip para o DÍA DA PAZ. Desexamos que vos guste!!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

A PONTE EN RUÍNAS: CADEIRAS COOPERATIVAS

No día de onte, na clase de 5º A, fixemos unha actividade cooperativa para potenciar o traballo en equipo e a idea de que todos e todas somos necesarios para que o grupo funcione. Esta actividade chámase "A ponte en ruínas" e aconsellámosvos que a realicedes. A nós gustounos moito e xa queremos repetir. 






sábado, 19 de xaneiro de 2019

O outono en 5º de primaria!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como vivimos o outono as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria! Esperamos que vos guste!