luns, 24 de decembro de 2018

FELICITACIÓN DE NADAL

Os nenos e nenas de 5º de Primaria desexámosvos unhas FELICES FESTAS!!!!




GALLETAS DE NADAL!

O xoves 20, despois de recibir no cole a visita dos Reis Magos, os rapaces e rapazas de 5º elaboramos galletas de Nadal. Pasámolo moi ben e o resultado foi exquisito 😃



xoves, 20 de decembro de 2018

ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Neste trimestre o alumnado de 6º aprendemos moito sobre algunhas especies en perigo de extinción.
Recopilamos información nas nosas casas e puxémola en común no cole cos nosos grupos, para  facer uns estupendos traballos que despois expuxemos ao resto de compañeiros. 
Velaí vos vai un resumo...









mércores, 21 de novembro de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!




As rapazas e rapaces de 6º curso participamos nun certame de debuxo #EuTomoParte, sobre a violencia de xénero.  





Todos e todas implicámonos moito nesta actividade e elaboramos uns fermosos traballos. 


Que vos parecen?















A gañadora do concurso foi Micaela, a nosa compañeira de 6º B, e fixéronlle entrega dun diploma e dun agasallo. Noraboa!




sábado, 17 de novembro de 2018

SAMAÍN

As nenas e nenos de 5º e 6º tivemos un día de Samaín terrorífico!!
Que medo!! 😬😬

O SISTEMA SOLAR

O alumnado de 5º curso estivemos traballando sobre o Sistema Solar.
Aquí podedes ver o proceso e o resultado das nosas elaboracións.

mércores, 14 de novembro de 2018

HIXIENE POSTURAL

No mes de outubro os alumnos e alumnas de 5º curso estivémonos formando sobre os hábitos posturais que favorecen á nosa saúde. Aprendemos o xeito de cargar as nosas mochilas, como debemos durmir sen danar a nosa columna, a maneira de sentarnos correctamente na cadeira... 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade. 










luns, 15 de outubro de 2018

A ESFERA DA AUGA

O pasado 10 de outubro os alumnos/as de 6º fixemos unha actividade moi chula. "La Esfera del auga". 
Estivo dividida en tres fases e en todas elas pasámolo xenial!!!
Primeiro escoitamos unha charla sobre a esfera da auga e realizamos varios experimentos sobre as densidades, despois unha andaina polo río Verdugo e finalmente unha charla sobre o funcionamento dos muíños.
Como vedes non so aprendemos dentro das aulas!!!
Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa saída.


mércores, 26 de setembro de 2018

ROTEIRO DIDÁCTICO: COLEXIO - O CASTELIÑO.

O pasado xoves 20 de setembro, o alumnado de 6º curso fixo un roteiro didáctico dende o colexio ata O Casteliño. Foi un desprazamento a pé cunha duración de 3 horas e media. 
A visita consistiu en descubrir e coñecer os edificios públicos e relixosos máis relevantes de Ponte Caldelas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste roteiro.











luns, 28 de maio de 2018

EXCURSIÓN FIN DE PRIMARIA

O NOSO ALUMNADO DE 6º ACABA DE VOLVER DA SÚA VIAXE DE FIN DE PRIMARIA E QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UN RESUMO COS MELLORES MOMENTOS DESTES DÍAS.

Excursión 6º from Audición y lenguaje on Vimeo.

xoves, 4 de xaneiro de 2018

QUE BEN O PASAMOS CON VIRTUDITAS!

Os nenos e nenas de 6º curso visitamos a biblioteca do cole para dar a volta ao mundo co noso robot favorito, Virtuditas!

Os mestres explicáronnos o seu funcionamento e, cada un/unha de nós, tivo a oportunidade de manexalo. Estamos desexando volver repetir a experiencia!!