O pasado xoves 20 de setembro, o alumnado de 6º curso fixo un roteiro didáctico dende o colexio ata O Casteliño. Foi un desprazamento a pé cunha duración de 3 horas e media. A visita consistiu en descubrir e coñecer os edificios públicos e relixosos máis relevantes de Ponte Caldelas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste roteiro.