mércores, 21 de novembro de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!




As rapazas e rapaces de 6º curso participamos nun certame de debuxo #EuTomoParte, sobre a violencia de xénero.  





Todos e todas implicámonos moito nesta actividade e elaboramos uns fermosos traballos. 


Que vos parecen?















A gañadora do concurso foi Micaela, a nosa compañeira de 6º B, e fixéronlle entrega dun diploma e dun agasallo. Noraboa!




sábado, 17 de novembro de 2018

SAMAÍN

As nenas e nenos de 5º e 6º tivemos un día de Samaín terrorífico!!
Que medo!! 😬😬

O SISTEMA SOLAR

O alumnado de 5º curso estivemos traballando sobre o Sistema Solar.
Aquí podedes ver o proceso e o resultado das nosas elaboracións.

mércores, 14 de novembro de 2018

HIXIENE POSTURAL

No mes de outubro os alumnos e alumnas de 5º curso estivémonos formando sobre os hábitos posturais que favorecen á nosa saúde. Aprendemos o xeito de cargar as nosas mochilas, como debemos durmir sen danar a nosa columna, a maneira de sentarnos correctamente na cadeira... 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.