xoves, 31 de outubro de 2019

LINGUAXE FORMAL E COLOQUIAL

Na clase de Lingua Castelá diferentes grupos de 6ºB representamos situacións para exemplificar o emprego da linguaxe formal e coloquial.
Esperamos que vos guste!

ANIMALECTURAS!

Aproveitando que en CCNN traballamos o tema dos animais, as nenas e nenos de 6ºA realizamos lecturas de contos cuxos protagonistas eran estes. Ademais, a partir dos contos investigamos curiosidades dos mesmos e contámosllelas ao resto da clase.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

mércores, 30 de outubro de 2019

DINÁMICA DE COÑECEMENTO

ADIVINA QUIÉN SOY

A semana pasada, na clase de 6º A, levamos a cabo unha dinámica de grupo titulada: 
" Adivina quién soy". 
Primeiro, tivemos que cubrir unha ficha con datos sobre os nosos gustos, preocupacións, obxectivos para este curso, etc. Todo isto de forma anónima. 
Despois, a profe repartiu as fichas aleatoriamente e fomos léndoas ata averiguar de quen se trataba. 

Esta actividade gustounos moito xa que, a pesar de que a maioría de nós levamos xuntos dende educación infantil, hai moitas cousas que descoñeciamos dos nosos compañeiros e compañeiras e que nos axudan a entendernos mellor e a crecer como grupo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que vos gusten e que vos animedes a facer esta dinámica na vosa clase.




sábado, 5 de outubro de 2019

ROTEIRO POR PONTE CALDELAS

O venres 18 de setembro as nenas e nenos de 6º curso, xunto coas nosas titoras e a mestra de relixión, fixemos un roteiro didáctico dende o colexio ata O Casteliño. 
Neste percorrido descubrimos e coñecemos máis de preto os edificios públicos e relixiosos máis relevantes da nosa vila.
A pesares de que moitos e moitas de nós vivimos en Ponte Caldelas aprendemos un montón de cousas novas e descubrimos o Casteliño, un lugar moi fermoso descoñecido por algúns de nós.