venres, 19 de novembro de 2021

EXPOSICIÓN CURINVENTOS

 Ola a todas e todos,

este ano o Proxecto Documental Integrado (PDI) leva por título " Curinventos e outros experimentos no Cordo". Ao longo do curso traballaremos, a nivel centro, algúns inventos que facilitan o traballo das persoas, avances médicos, novas tecnoloxías... Tamén estudaremos a vida dos seus inventores e inventoras, faremos exposicións, elaboraremos algunhas maquetas, etc

A primeira fase deste proxecto é a de motivación, e para iso as nosas mestras leváronnos e unha exposición de aparellos e máquinas, moitas delas antigas e que descoñeciamos. Resultou moi interesante observar como evolucionaron algunhas desas máquinas, como por exemplo o teléfono e outras practicamente xa non se utilizan, como os muíños de café ou as máquinas de escribir.

A continuación vos deixamos algunhas das fotografías que fixemos na exposición.

Un saúdo!













domingo, 7 de novembro de 2021

CANTIGAS

Ola a todas e todos,

As nenas e nenos de 6º B estivemos estudando, en Lingua Galega, as cantigas.

Sabedes o que son as cantigas? Pois son cancións que se cantaban nos pobos e que se van transmitindo de xeración en xeración.

Por desgraza cada vez escóitanse menos e sería unha pena que chegasen a desaparecer, xa que son verdadeiramente fermosas e dignas de recordar.

A nosa mestra propúxonos que preguntáramos aos nosos maiores, que saben unha chea delas, para aprender unha e recitala ou cantala diante dos nosos compañeiros e compañeiras.

Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra das nosas cantigas. 

Esperamos que vos guste.

Un saúdo.


venres, 5 de novembro de 2021

SAMAÍN 2021

En outubro, coma todos os anos, celebramos a Festa do Samaín. Pasámolo de medo!! 👿😈