luns, 9 de decembro de 2019

VISITAMOS O HORTO DE CÁRITAS

O xoves pasado, as rapazas e rapaces de 6º curso visitamos o horto de Cáritas. Alí Vanessa e José explicáronnos que é un horto ecolóxico, ensináronnos o sistema de regadío que empregan, as diferentes plantas que teñen cultivadas neste momento, e ata nos deixaron transplantar verzas.

Agora que xa sabemos un pouquiño máis sobre agricultura ecolóxica tócanos esperar ao 2º trimestre para comezar a facer o noso propio horto. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.






mércores, 4 de decembro de 2019

MAPA POLÍTICO DE EUROPA

Para completar o tema traballado en ciencias sociais, aquí vos deixamos un xeito divertido para estudar os países de Europa.
Xogade, repasade e, sobre todo, APRENDEDE MOITO!!

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria construímos un FUTURO EN IGUALDADE.

domingo, 24 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O pasado 20 de novembro, como cada ano, celebrouse o Día Internacional Dos Dereitos da Infancia. Como nenas e nenos que somos quixemos conmemorar este día elaborando este vídeo cos principais direitos da infancia!
Desexamos que o desfrutedes!

mércores, 20 de novembro de 2019

O MAGOSTO!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como celebramos o magosto no colexio. Desexamos que vos guste!!!

xoves, 31 de outubro de 2019

LINGUAXE FORMAL E COLOQUIAL

Na clase de Lingua Castelá diferentes grupos de 6ºB representamos situacións para exemplificar o emprego da linguaxe formal e coloquial.
Esperamos que vos guste!

ANIMALECTURAS!

Aproveitando que en CCNN traballamos o tema dos animais, as nenas e nenos de 6ºA realizamos lecturas de contos cuxos protagonistas eran estes. Ademais, a partir dos contos investigamos curiosidades dos mesmos e contámosllelas ao resto da clase.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

mércores, 30 de outubro de 2019

DINÁMICA DE COÑECEMENTO

ADIVINA QUIÉN SOY

A semana pasada, na clase de 6º A, levamos a cabo unha dinámica de grupo titulada: 
" Adivina quién soy". 
Primeiro, tivemos que cubrir unha ficha con datos sobre os nosos gustos, preocupacións, obxectivos para este curso, etc. Todo isto de forma anónima. 
Despois, a profe repartiu as fichas aleatoriamente e fomos léndoas ata averiguar de quen se trataba. 

Esta actividade gustounos moito xa que, a pesar de que a maioría de nós levamos xuntos dende educación infantil, hai moitas cousas que descoñeciamos dos nosos compañeiros e compañeiras e que nos axudan a entendernos mellor e a crecer como grupo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que vos gusten e que vos animedes a facer esta dinámica na vosa clase.




sábado, 5 de outubro de 2019

ROTEIRO POR PONTE CALDELAS

O venres 18 de setembro as nenas e nenos de 6º curso, xunto coas nosas titoras e a mestra de relixión, fixemos un roteiro didáctico dende o colexio ata O Casteliño. 
Neste percorrido descubrimos e coñecemos máis de preto os edificios públicos e relixiosos máis relevantes da nosa vila.
A pesares de que moitos e moitas de nós vivimos en Ponte Caldelas aprendemos un montón de cousas novas e descubrimos o Casteliño, un lugar moi fermoso descoñecido por algúns de nós.










mércores, 18 de setembro de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019-2020!

Comezamos un novo curso coas nosas mochilas cargadas de enerxía e moita ilusión 💪😀

5º A

                                                                             5º B

                                                                               6º A

                                                                                  6º B

xoves, 30 de maio de 2019

PRODUTO FINAL PDI EN 6º

O curso está chegando ao seu fin, e despois de traballar ao longo destes meses no PDI, chegou o momento de amosarvos o noso produto final...


PRODUTO FINAL PDI 6º from Audición y lenguaje on Vimeo.

mércores, 22 de maio de 2019

A CIENCIA E A SAÚDE

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas exposicións sobre "A ciencia e a saúde".
Esperamos que aprendades moito con elas!

martes, 14 de maio de 2019

Viaxe fin de primaria

Xa estamos de volta e con este pequeno resumo queremos amosarvos a cantidade de bos recordos que trouxemos de esta estupenda viaxe!!

Viaxe fin de etapa from Audición y lenguaje on Vimeo.

martes, 7 de maio de 2019

Día do Libro!!

Para celebrar o Día do Libro convidamos ás nosas familias. Con elas gozamos dun tempo de lectura moi especial!
Moitas grazas por participar!!

sábado, 16 de marzo de 2019

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado mércores 27 de febreiro o alumnado de 5º e 6º visitamos A Coruña. Aquí vos deixamos unha pequeña mostra dese día tan divertido e proveitoso! Desexamos que vos guste!

domingo, 3 de marzo de 2019

24 de febreiro Día de Rosalía de Castro

Polo día de Rosalía de Castro o alumnado de 5º curso elaboramos este vídeo explicando brevemente a  súa vida e recitando un fragmento dun dos seus poemas máis representativos.
Esperamos que vos guste!


Rosalía de Castro from tercerciclo cordo boullosa on Vimeo.

luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte 24 de febreiro conmemorábase o Día de Rosalía, e o alumnado de 6º quixemos  facer a nosa particular homenaxe que  a continuación vos amosamos, agardamos que vos guste!!!!



día de Rosalía 19 from Audición y lenguaje on Vimeo.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

O alumnado de 5º e 6º elaboramos este videoclip para o DÍA DA PAZ. Desexamos que vos guste!!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

A PONTE EN RUÍNAS: CADEIRAS COOPERATIVAS

No día de onte, na clase de 5º A, fixemos unha actividade cooperativa para potenciar o traballo en equipo e a idea de que todos e todas somos necesarios para que o grupo funcione. Esta actividade chámase "A ponte en ruínas" e aconsellámosvos que a realicedes. A nós gustounos moito e xa queremos repetir. 






sábado, 19 de xaneiro de 2019

O outono en 5º de primaria!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como vivimos o outono as nenas e nenos de 5º de Educación Primaria! Esperamos que vos guste!