O xoves pasado, as rapazas e rapaces de 6º curso visitamos o horto de Cáritas. Alí Vanessa e José explicáronnos que é un horto ecolóxico, ensináronnos o sistema de regadío que empregan, as diferentes plantas que teñen cultivadas neste momento, e ata nos deixaron transplantar verzas.
Agora que xa sabemos un pouquiño máis sobre agricultura ecolóxica tócanos esperar ao 2º trimestre para comezar a facer o noso propio horto.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario