luns, 10 de febreiro de 2020

SEMENTAR SEMENTAREI...


O venres pasado, Vanessa achegouse ao cole para explicarnos como sementar.




Primeiramente repartiunos tres caldeiros, dous con terra e un con esterco, para que os cheiráramos e tocáramos.








Despois mesturamos a terra co esterco e botámolo en 3 bandexas: unha para leitugas, outra para acelgas e outra para espinacas.

Fixemos buratos, sementamos e volvemos tapar con terra.







Por último, regamos.









Agora temos que coidar das nosas plantas e esperar a que medren un pouquiño para levar ao invernadoiro de Cáritas. Estamos desexando ver crecer as nosas plantiñas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario