Os nenos e nenas de 6º de EP estudamos a Unión Europea no primeiro trimestre e as nosas mestras propuxéronnos facer un traballo sobre un país que nos chamase a atención. Tivemos que buscar información acerca da gastronomía, monumentos, símbolos... e despois expoñelos na clase. Estivemos un pouco nerviosos/as, xa que a moitos de nós cústanos falar en público, pero aprendemos un montón e de seguro que para a próxima sáenos moito mellor.
Aquí vos deixamos un vídeo e unhas fotos cunha pequena mostra das nosas exposicións.
Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario