domingo, 26 de decembro de 2021

UNHA FASCINANTE VIAXE POLA UNIÓN EUROPEA

Os nenos e nenas de 6º de EP estudamos a Unión Europea no primeiro trimestre e as nosas mestras propuxéronnos facer un traballo sobre un país que nos chamase a atención. Tivemos que buscar información acerca da gastronomía, monumentos, símbolos... e despois expoñelos na clase.  Estivemos un pouco nerviosos/as, xa que a moitos de nós cústanos falar en público, pero aprendemos un montón e de seguro que para a próxima sáenos moito mellor.

Aquí vos deixamos un vídeo e unhas fotos cunha pequena mostra das nosas exposicións.

Esperamos que vos guste.












mércores, 22 de decembro de 2021

VISITA AO BELÉN ARTESANAL DE PONTE CALDELAS

O martes 21 os nenos e nenas de 5º e 6º de EP achegámonos ata a rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas para ver o Belén artesanal. Quedamos abraiados, xa que está formado por moitas figuriñas e todas feitas a man. 

Animámosvos a que o vaiades visitar!





martes, 21 de decembro de 2021

OS REIS MAGOS CHEGARON AO CORDO BOULLOSA

Os Reis Magos de Oriente pasaron polas nosas aulas para saudarnos, desexarnos un bo Nadal e ademais... deixarnos uns agasallos!! E como non, xa os abrimos e xogamos con eles. 

Gustáronnos moito e pasámolo pipa👌👏😃             Moitas grazas!!

FELICES FESTAS PARA TODAS E TODOS!!