luns, 28 de novembro de 2022

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemórase o Día Mundial da Infancia, xa que nesa mesma data foi aprobada polas Nacións Unidas a Convención sobre os dereitos do neno (1989).

Para celebralo, o alumnado de 5º de EP elaboramos un mural (en forma de corazón) onde deixamos plasmados todos os nosos dereitos.
















luns, 7 de novembro de 2022



 OS RIOS DE ESPAÑA

O alumnado de 6º realizamos uns traballiños en ciencias sociais sobre os rios para aprendelos a situar mellor no mapa, mirade como nos quedaron!!👇













sábado, 5 de novembro de 2022

mércores, 19 de outubro de 2022

Observamos células de cebola

Bo día a todas e todos. 

A semana pasada, como actividade final ao tema 1 de Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 5° aprendemos a empregar o microscopio para observar células de cebola.

A continuación deixámosvos un vídeo resumo desta experienia.

Un saúdo.



venres, 23 de setembro de 2022

TODO SOBRE MÍ

 Bo día!

Hoxe presentámosvos unha actividade que realizamos os primeiros días do curso, que se chama "Todo sobre mí". Consistía nun banderín, que tivemos que completar con algúns datos persoais (personalidade, gustos, aficións...) para que os nosos compañeiros/as e mestras nos coñeceran mellor. Despois coloreámolos e presentámonos diante de toda a clase. 

Desexamos que vos gusten!









xoves, 15 de setembro de 2022

 Ola nenas/os e familias! Xa estamos de volta! 

As titoras e titor  de 5º e 6º  así como os demais profes do cole, dámosvos a benvida ao novo curso escolar.

Ésperamos que sexa un bo curso, que o pasedes moi ben aprendendo cousas novas e disfrutedes moito con todas as actividades que os temos preparadas para este cursos que iniciamos. 

Unha aperta moi grande!

Aquí vos deixamos as fotos do primeiro día de clase. Esperamos que vos gusten



.


xoves, 24 de marzo de 2022

INVENTOS DA NOSA VIDA

Seguindo co traballo do Proxecto Documental Integrado (PDI), nesta ocasión tocounos buscar nas nosas casas fotografías antigas para observar como se realizaban algúns traballos ou labores tan importantes como: lavar a roupa, cociñar, fregar..., tipo de máquinas ou ferramentas que se empregaban, etc. E comparámolas coas da actualidade. 

Con todas elas elaboramos un mural e quedounos así de chulo 😀

Esperamos que vos guste.














venres, 18 de febreiro de 2022

A VISITA DE FINA E RAMONA

Ola a todos/as:

Os nenos e nenas de 6º de Primaria estamos investigando sobre aparellos que facilitan a vida no fogar, relacionándoo co tema do PDI deste curso: "Os inventos e a ciencia".

Pescudamos información acerca da evolución dalgúns deles e quedamos abraiados do cambio e, como queriamos saber máis, decidimos invitar a algunhas avoas para que nos contasen como era a súa vida cando eran nenas e mozas e non había os aparellos que hai hoxe en día. 

Estivemos encantados/as coa vistita de Fina e Ramona, as avoas dos nosos compañeiros Ruth e Pablo, que con moito gusto nos contaron unha chea de vivencias e anécdotas do pasado, do moito que se traballaba e das necesidades que tiñan. Pero tamén nos dixeron que naquela época os veciños estaban máis unidos e axudábanse entre eles sempre que fixera falta, algo que botan de menos hoxe en día.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da visita. Esperamos que vos gusten.









luns, 24 de xaneiro de 2022

NADAL NO CORDO

Os nenos e nenas do 3º ciclo, representamos esta obra de teatro para celebrar o Nadal. Agardamos que vos guste!

mércores, 12 de xaneiro de 2022

PANXOLIÑAS AO BELÉN

Para celebrar o Nadal os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria cantamos panxoliñas.... e tivemos un público especial: todo o alumnado e profesorado do colexio ! Fixemos varios pases e gustounos moito ver como desfrutaban os máis pequechos/as coas nosas panxoliñas.