venres, 18 de febreiro de 2022

A VISITA DE FINA E RAMONA

Ola a todos/as:

Os nenos e nenas de 6º de Primaria estamos investigando sobre aparellos que facilitan a vida no fogar, relacionándoo co tema do PDI deste curso: "Os inventos e a ciencia".

Pescudamos información acerca da evolución dalgúns deles e quedamos abraiados do cambio e, como queriamos saber máis, decidimos invitar a algunhas avoas para que nos contasen como era a súa vida cando eran nenas e mozas e non había os aparellos que hai hoxe en día. 

Estivemos encantados/as coa vistita de Fina e Ramona, as avoas dos nosos compañeiros Ruth e Pablo, que con moito gusto nos contaron unha chea de vivencias e anécdotas do pasado, do moito que se traballaba e das necesidades que tiñan. Pero tamén nos dixeron que naquela época os veciños estaban máis unidos e axudábanse entre eles sempre que fixera falta, algo que botan de menos hoxe en día.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da visita. Esperamos que vos gusten.









Ningún comentario:

Publicar un comentario