O xoves día 2 de febreiro os nenos e nenas de 5º, aproveitando que estamos estudando o tema da "Vida sustentable", fixemos unha visita ao invernadoiro de Cáritas.
Xosé foi o encargado de servirnos de guía. Explicounos en que consiste a agricultura ecolóxica, como cultivan sen usar pesticidas nin sustancias dañinas para o medio ambiente, como aproveitan os residuos orgánicos para facer compost, ou como atraen ou repelen a algúns insectos por medio de plantas.
Esta visita resultounos moi interesante e o seguinte paso será facer as nosas propias sementeiras para posteriormente ir plantar ao horto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario