venres, 17 de abril de 2020

A COCIÑAR 5º!

BO DÍA! CHEGOU A FIN DE SEMANA!

TODAS E TODOS A COCIÑAR!!!!

SÓ TENDES QUE SEGUIR ESTES PASOS:

1- Copia toda a receita nun papel para tela a man.
2- Recolle o pelo.
3- Pon un mandil.
4-Limpa a mesa da cociña.
5-Coloca enriba todos os ingredientes e o papel coa receita.
6-Lava ben as máns.
7-Dille a un adulto que prepare o molde e poña o forno a quentar 180º.
8-Bota nunha cunca grande os ingredientes como indica a receita e vai batendo ben cunhas variñas ou tenedor(Procura manchar o menos posible).
9-Bota con moito coidado o batido no molde.
10-Pide que cho metan no forno.
11-Recolle a mesa e límpaa.
12-A esperar....... ESTARÁ BOÍSIMO...BO PROVEITO.

BISCOITO DE CHOCOLATE

INGREDIENTES 
4ovos
1y ½ vasos de fariña
1 vaso de azucre
1vaso de  cacao, Cola cao,Nesquik....
½vaso de aceite de xirasol, millo ou oliva suave.
½vaso de leite.
1sobre de levadura química.                                       Do vaso 
mandarei foto.

ELABORACIÓN

Na cunca grande botamos os ovos e a azucre e batemos moi ben ata que o azucre se desfaga.
Logo engadimos o leite e o aceite, remexemos ben.
Agora vai o sobre de levadura e batemos.
Por último a fariña e o cacao. Que quede todo ben mesturado.
Vertemos todo nun molde de 22 ou 23 cm e metémolo no forno durante 35-45 minutos, dependendo do forno.
Cando pasen 35minutos pódese pinchar cun escarvadentes, se sae seco xa está.

Desexamos que disfrutedes moito coa súa elaboración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario