mércores, 8 de abril de 2020

Semana Santa 6ºB

Ola a todas e a todos!
Espero que estedes pasando unhas boas vacacións!
Déixovos aquí unha pequena tarefa para que fagades estes días. Pode participar toda a vos familia!
A tarefa consiste en elaborar un cartel cunha mensaxe de ánimo para estes días. Podedes empregar cartolinas, folios, cartón... TODO O MATERIAL QUE QUEIRADES!
Intentade que se vexa o mellor posible. Unha vez rematado debedes sacar unha foto co cartel e enviarma ANTES DO DOMINGO! Na foto poden saír tamén os vosos familiares!
Podedes inspirarvos nos que fixeron as vosas compañeiras e compañeiros de 5º e que poderes ver na seguinte ligazón!


Espero as vosas aportacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario