luns, 18 de maio de 2020

TRABALLO 6º LUNS 18 DE MAIO DO 2020

Como ben sabes onte foi un día moi importante para Galicia xa que se celebrou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Este ano o autor homenaxeado foi... RICARDO CARVALHO CALERO!
Por iso non queremos deixar pasar a oportunidade de aprender un pouquiño sobre el. 

Antes de comezar debedes ver o vídeo que elaboramos as mestras e mestres do cole contando a súa vida. 

Agora é o momento de escoitar o conto que Ricardo Carvalho Calero escribiu para as nenas e nenos. Fai click no seguinte enlace e desfruta!

Despois de escoitar esta fermosa historia chea de palabras da nosa lingua debemos poñernos mans á obra!!
Para iso copia a forma do mapa de Galicia que aquí che deixamos. 
Despois pensa cales son as palabras da lingua galega que máis che gustan e enche o mapa con elas. Emprega cores, formas, materiais... TODO O QUE SE CHE OCORRA PARA QUE QUEDE O MÁIS FERMOSO POSIBLE!
Por último deixámosche aquí uns enlaces para que poidas aprender máis cousas deste autor ao tempo que xogas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario