martes, 27 de outubro de 2020

MAQUETAS SISTEMA SOLAR

As nenas e nenos de 5º de Primaria, aproveitando que estaban estudando o tema do Universo, quixeron elaborar coa axuda da súa familia unhas maquetas do Sistema Solar. 

Bo traballo! Sodes uns auténticos artistas! 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todos os traballos realizados. Esperamos que vos gusten 😀












luns, 26 de outubro de 2020

MULLERANDUM: A IGUALDADE MULTIPLICA

Como xa vos contamos en entradas anteriores, o alumnado de 5º e 6º de Primaria estamos a traballar nun proxecto de igualdade organizado polas ANPAs e a Secretaría Xeral de Igualdade.

A continuación presentámosvos un video libro que ilustra a 10 mulleres que transforman o mundo e multiplican esforzos para mellorar a sociedade. 

A nós estanos gustando moito e estamos coñecendo datos moi curiosos e importantes sobre estas mulleres que ata o de agora descoñeciamos. Esperamos que a vós tamén vos guste!

xoves, 22 de outubro de 2020


 CCNN 5º

QUE CARACTERIZA AOS SERES VIVOS?


 Ola bo dïa nenos e nenas de 5º:

Aqui vos deixamos unha serie de recursos da unidade 1 de CCNN, para que os sea mais doado repasar, eperamos que os  aproveitedes  para afianzar  o tema e saber mais do mesmo.

Un saudiño e ánimo!!


CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS












MAPA CONCEPTUAL DAS FUNCIÓNS VITAIS





(Premede no enlace)




A CÉLULA


















ESQUEMA DA CÉLULA EUCARIOTA

 ANIMAL E VEXETAL







 




CELULA ANIMAL







CELULA VEXETAL







    (Premede no enlace)


 

                                        ACTIVIDADES DE REPASO 

                                                (Premede no enlace)



COMO SE ORGANIZAN OS SERES VIVOS?







ACTIVIDADES DE REPASO

(Premede no enlace)





VIDEOS, XOGOS E FICHAS INTERACTIVAS 



        CANTO SABES SOBRE A CÉLULA? 

                 (Premede no enlace)

 

PARTES DA CÉLULA ANIMAL E VEXETAL

           (Premede no enlace)


                         











luns, 19 de outubro de 2020

CAMPAÑA IGUALDADE DE XÉNERO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participaremos nun proxecto, que leva por título "A IGUALDADE MULTIPLICA", organizado polas ANPAS e en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade. 

No seguinte vídeo explícannos en que consiste o proxecto, a formación e as accións que levaremos a cabo no colexio coas nosas titoras e na casa coa nosa familia.



venres, 16 de outubro de 2020

CHARLA SOBRE O CORONAVIRUS

Bo día!

Hoxe no cole recibimos a visita de Vanesa, nai da nosa compañeira Carla de 5º B, que traballa no sector da sanidade e sabe un montón de cousas sobre o coronavirus.

Ensinounos fotografías ampliadas deste virus e mais doutros como o virus da gripe, o virus que causa a varicela, o papiloma... Aprendemos as formas de transmisión do coronavirus e como debemos protexernos del. Ademais deixounos ver os "bastonciños" que empregan os sanitarios para facer as PCR e ata trouxo un equipo de protección individual (EPI) para explicarnos a maneira que teñen as sanitarias e os sanitarios de protexerse ante os casos de emerxencia como é a da COVID-19.




E mirade que maqueta máis chula do coronavirus fixo Vanesa. Agora tócanos facer unha igual a nós!
Moitas grazas! 😀



xoves, 8 de outubro de 2020

UNHA VIAXE POLO SISTEMA SOLAR



😊 Ola nenos/as de  5º,  como en Ciencias Sociais estamos a tratar a unidade 1: "A Terra, un punto no Universo", deixamosvos aqui  uns pictogramas, videos e esquemas, para que vos sexa mais doado estudar o tema e recordar as distintas partes do mesmo.

Tamen  o final tedes unha ficha interactiva que podedes facer aqui mesmo, para poñer a proba o que aprendestes.

Ànimo e esperamos que vos guste!! 👏 


 

  O SISTEMA SOLAR  (VIDEO)





























 










MOVEMENTO DE ROTACIÓN : O DIA E A NOITE. (VIDEO)

 


MOVEMENTO DE TRALACIÓN: AS ESTACIÓNS DO ANO  (VIDEO)

 


 

AS FASES DA LÚA (VIDEO)

 





Para buscar información sobre os misterios do Universo deixamosvos aquí o enlace a páxina da NASA  .Buscade e escollede o misterio ou curiosidade que mais vos guste!!

 (Premede no enlace)


 










luns, 5 de outubro de 2020

PLAN ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID

Déixovos aquí o enlace ao Plan COVID 20/21 adaptado ás circunstancias do centro. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/node/380

BENVIDO CURSO 2020/21!

Ola nenas, nenos e familias! Xa estamos de volta! 😀👏👏

As titoras de 5º e 6º e demais profesorado dámosvos a benvida ao novo curso escolar de 5º e 6º de Educación Primaria. 

É certo que nos preocupa un pouquiño que a volta ao cole non sexa como outros anos, xa que como ben sabedes este virus tan pesado aínda segue estando entre nós. Por iso debemos aprender a coidarnos entre todas e todos e cumprir as novas normas do centro. 

Coa vosa axuda e colaboración todo será moito máis doado! ÁNIMO! 💪

Unha aperta moi grande! 


Aquí vos deixamos as fotos do primeiro día de clase. Esperamos que vos gusten.

CLASE 6º B

CLASE 6º A

CLASE 5º B

CLASE 5º A