Bo día!
Hoxe no cole recibimos a visita de Vanesa, nai da nosa compañeira Carla de 5º B, que traballa no sector da sanidade e sabe un montón de cousas sobre o coronavirus.
Ensinounos fotografías ampliadas deste virus e mais doutros como o virus da gripe, o virus que causa a varicela, o papiloma... Aprendemos as formas de transmisión do coronavirus e como debemos protexernos del. Ademais deixounos ver os "bastonciños" que empregan os sanitarios para facer as PCR e ata trouxo un equipo de protección individual (EPI) para explicarnos a maneira que teñen as sanitarias e os sanitarios de protexerse ante os casos de emerxencia como é a da COVID-19.
Ningún comentario:
Publicar un comentario