luns, 26 de outubro de 2020

MULLERANDUM: A IGUALDADE MULTIPLICA

Como xa vos contamos en entradas anteriores, o alumnado de 5º e 6º de Primaria estamos a traballar nun proxecto de igualdade organizado polas ANPAs e a Secretaría Xeral de Igualdade.

A continuación presentámosvos un video libro que ilustra a 10 mulleres que transforman o mundo e multiplican esforzos para mellorar a sociedade. 

A nós estanos gustando moito e estamos coñecendo datos moi curiosos e importantes sobre estas mulleres que ata o de agora descoñeciamos. Esperamos que a vós tamén vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario