luns, 16 de marzo de 2020

TAREFA 5º E 6º

Ola familias!

Dende o cole non queremos perder a oportunidade de aportar o noso granciño de area para facer máis levadeiros estes días. Por iso gustaríamos que sacásedes unha foto co alumnado realizando algunha actividade que poidades facer nas vosas casas (xogando a algún xogo, facendo exercicio, cociñando...) e nola enviásedes ao enderezo tercerciclocordoboullosa@gmail.com

Con todas esas fotos elaboraremos un vídeo que aportará ideas a outras nenas e nenos para realizar coas súas familias!

Podedes enviar fotos ata o VENRES DÍA 20!

Moitas grazas de antemán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario