TRABALLO 5º FIN DE SEMANA
Ola a todas e todos!
Hoxe vouvos deixar dúas cousiñas para facer esta fin de semana. Poderedes elaboraras cando queirades, iso si, o domingo á noite teñen que estar rematadas.
PRIMEIRA: FESTA DA TROITA
1º Debedes crear unha historia de 1 FOLIO POLAS DÚAS CARAS relacionada con Ponte Caldelas, a troita, o río, a festa...
2º A historia debe estar escrita EN GALEGO.
3º Facédea primeiro nun papel en sucio e despois pasádeo a limpo.
4º Debedes enviarma nunha foto, como moi tarde, o domingo.
SEGUNDA: CARTEL
1º Nun papel, cartón ou cartolina grandes escribiredes un LEMA cunha mensaxe positiva ou de ánimo. (Procurade que se vexa ben)
2º Remataredes a vosa creación con debuxos libres coloreados (tamén se poden usar outros materiais que teñades pola casa).
3º Pode colaborar con vós calquera membro da familia, será un traballo en equipo.
4º Nunha esquina firmade todas e todos os que participastes. Cando estea rematado, colgádeo nunha ventá, na parede, no balcón.....ou onde queirades.
5º Sacádelle unha foto e subídea ao grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario