venres, 27 de marzo de 2020

TRABALLO FIN DE SEMANA 6ºB

Ola a todas e a todos!
Para esta fin de semana vouvos deixar aquí un par de tarefas.
É moi, moi importante que levedes TODO AO DÍA! Así que moito ánimo!

CIENCIAS NATURAIS:
Debedes facer no caderno un esquema dos aparatos reprodutores masculino e feminino (coas partes e funcionamento de cada un).
Ten que estar O MÁIS ORDENADO POSIBLE polo que vos recomendo que primeiro o fagades en sucio e despois o pasedes a limpo.


LINGUA GALEGA:
Teredes que escribir unha carta a algunha das persoas que nestes días tan extraños están traballando para facernos a vida máis sinxela: policías, gardas civís, médicos, enfermeros, caixeiros, transportistas...
Tratade de ser o MÁIS ORIXINAIS POSIBLES! E por favor que NON TODOS SEXAN HOMES!
Para iso, debedes seguir a estrutura da carta que aquí vos vou deixar.
Nesa carta teredes que darlles ánimos e agradecerlle o seu traballo.
POR FAVOR, ESFORZÁDEVOS! Porque tentaremos facelas chegar aos supermercados, cuarteis, hospitais....


DE TODAS AS TAREFAS DA FIN DE SEMANA DEBEDES ENVIARME UNHA FOTO COMO MOI TARDE O DOMINGO.
DESPOIS CORREXIREIVOS AS CARTAR E PASAREMOS AO SEGUINTE PASO COAS MESMAS!
A TRABALLAR MOITO!!!!

1 comentario: